13 dic. 2017

Guía de usuarios

Para non perderse nada da Biblioteca aí vai a guía de usuarios deste curso
bibliowirtz by Marta Iglesias

Temos nova CDU!

Levabamos un tempo querendo personalizar a nosa CDU e por fin velaquí está. A idea partíu de entender a Bibliowirtz como o SOL do noso "sistema escolar", ao redor do que orbitan os diferentes planetas (materias). Esperamos que vos guste!
CDU BIBLIOWIRTZ by Marta Iglesias

9 dic. 2017

Procura documental

Desde a biblioteca do CEIP Canosa-Rus, de Coristanco (A Coruña) chéganos esta infografía que describe moi ben o proceso dun traballo de busca documental .


Como identificar noticias falsas

A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias


29 nov. 2017

Novidades na Bibliowirtz



TATTOO - Santiago Paredes 



Unha gata crúzase por diante dun coello e o universo metafísico alíñase para que todas as iconas do rock & roll conflúan no delirio do amor máis duro e rebelde do barrio. Cando estas dúas almas converxen nunha tatuaxe, de estrañas cualidades, tan só resta bailar endiañadamente como unha bóla de billar perdida na xungla de asfalto, pois xa non hai fera no suburbio que free este instinto básico.



LICOR CAFÉ


O licor café, bebida fortemente vinculada a Galicia, é o leiv motiv para o desenrolo de trece historias curtas de estilo moi diverso, que como pequenos grolos, ofrecen unha rápida degustación do que están a facer na actualidade este refresco xeracional de creadores. O panorama creativo do cómic galego segue a medrar en cantidade e así o demostran esta selección de autores.


24 nov. 2017

25 N, "O WIRTZ EN NEGRO" contra a violencia machista

Neste día, o noso centro súmase a esta iniciativa, co fin de manifestar a máis enérxica repulsa de toda a comunidade educativa ante este tipo de violencia





Alumnado de 3º ESO

Alumnado de 4º ESO

Representación de "Casa de Muñecas", alumnado de 3º ESO
Porta da Biblioteca



30 oct. 2017

Biblioteca en renovación




Neste curso estamos de estreno!
Imos poñer guapa a nosa biblioteca: novos estantes, mellor iluminación...
Temos un duro traballo por diante, e debemos pechar un tempiño ( esperamos que sexa breve
Veámonos pronto!

6 feb. 2017

Book Trailers dos nosos alumnos

Deixamos dous videos de alumnos da ESO gravados na visita á Biblioteca do Forum




30 ene. 2017

De volta ao Forum

Os nosos alumnos de 3º da ESO devolveron a visita aos Bibliotecarios do Forum, para coñecer de primeira man  todos os recursos que teñen a súa disposición