25 nov. 2016

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS

Nos próximos días, do 28 ao 2 de Decembro, o centro colaborará nunha campaña de recollida de alimentos non perecedoiros co Banco de alimentos Rías Altas, de A Coruña


ANIMÁMOSVOS  A TODOS A PARTICIPAR!

A recollida farase na entrada principal do centro

4 nov. 2016

María Wonenburger no día da ciencia en galego

Hoxe tivemos a visita de Ana Dorotea Tarrío Tobar, que nos falou da matemática MARÍA WONENBURGER.


Grazas por todo!

3 nov. 2016

Visita dos bibliotecarios do Forum

O venres 28 de outubro os alumnos de 3ª da ESO recibiron a visita  dos bibliotecarios da Biblioteca Municipal do Forum.


Un bo comezo para  futuras colaboracións!!

25 oct. 2016

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO NO WIRTZ

O vindeiro venres 4 de novembro, celebramos no noso centro O DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. 
Neste día visitaranos Ana Dorotea Tarrío Tobar, docente na UDC, que virá a falarnos da matemática galega María Wonenburger.
Na súa intervención, que terá lugar no Salón de Actos ás 10, para os alumnos de 4º da ESO e de 1ª de Bacharelato, fará unha lembranza da científica galega, co propósito de difundir o seu traballo e as súas achegas a investigación.
Deixámosvos un enlace para que coñezades mellor á esta gran matemática MaríaWonenburger
É este pequeno video



Actividade organizada polo ENDL

26 sept. 2016

BIBLIOTECA ESCOLAR- TERRITORIO DAS ARTES

"Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para as bibliotecas escolares neste curso 2016/17. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.



A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).
Convidámosvos a descubrir o último vídeo de Agustín Fernández Paz para as Bibliotecas Escolares dentro deste cartel a través da aplicación Aurasma de Realidade Aumentada.

23 sept. 2016

COMEZAMOS NOVO CURSO

Benvidos a todos e todas a este novo curso escolar. Dende o blog da biblioteca irémosvos informando de todo canto ocorra no centro para que non vos perdades nadiña.
Sorte e libros para todos!!


     Jose Jorge Letria e André Letria. "SE EU FOSSE UM LIVRO"




29 jun. 2016

LECTURAS NA ESCALEIRA


             Presentamos as nosas propostas de lecturas para o verán.  Hai propostas para todos e todas, desde 1º da ESO ata adultos, con diferentes temáticas, ciencia, aventura, terror, misterio, narrativa breve, poesía, teatro... Con calquera destes libros podedes pasar momentos felices; buscade a sombra, e poñédevos cómodos, por exemplo, nunha escaleira!!

VERÁN 2016

17 jun. 2016

CONTOS DA BIBLIO

POR CAMILA M. F. (3º ESO)


O PODER DOS LIBROS


       
  Son moitos os misterios que pode gardar un lugar tan simple como unha biblioteca. A esta conclusión cheguei despois de vivir unha das experiencias máis surrealistas da miña vida. Son Teo e teño 14 anos. Vivía daquela na Coruña, un lugar marabilloso onde os haxa. O mar, as praias, as interminables rúas e a orientación da cidade hacia a Torre de Hércules creaba nesta localidade unha sensación única. Agora vivo en Vimianzo pero gustaríame regresar alí. A min gustáme ler. Dende pequeno lía todo tipo de libros, pero os que non faltan na miña biblioteca son os clásicos de Agustín Fernández Paz e Xabier P. Docampo. Eu adoitaba frecuentar unha biblioteca pública na que podía pasar horas lendo e investigando sobre moitos temas en xeral. Sempre fun un neno moi curioso. No mes de xuño, mentres todas as persoas, nenos, nenas e familias enteiras disfrutaban das vacacións na praia, eu estaba completamente só na biblioteca. Mentres lía o último capítulo de
O lapis do carpinteiro dinme conta de que un estraño ruído proviña dende un dos andeis. Tras levantarme do cómodo asento no que me situaba, comecei a revolver e examinar unha morea de libros. Os sons seguían soando, cada vez máis forte. Dinme conta de que o que soaba eran os interiores dos libros. Decidín abrir un, era Memorias dun neno labrego e, de súpeto, o son das follas do bosque e unha voz que dicía claramente "Balbino" invadiron os meus oídos. Despois abrín Ollos de auga onde o aroma e o sonido do mar que viña das diferentes páxinas transportábanme ata a illa de Toralla. E así con todos os demais. Pareceume algo incrible e emocionante para un amante da lectura como eu. Comenteille isto a Don Manuel, o bibliotecario. El colleu todos as obras que eu lle sinalaba pero non mostraba ningunha expresión de sorpresa ou abraio. Tras moito insistir, o ancián miroume e díxome:


- Pode que sexa certo, Teo, aínda que eu non podo percibilo. Sempre houbo neste lugar esa lenda. Un rapaz coma ti, hai uns vinte anos, afirmou sentir o mesmo e ninguén o creu. Viviu anos e anos pensando que tiña voces na súa mente ata que ao final descubriu que a súa paixón polos libros facía que puidese percibir todas as sensacións de cada historia da maneira máis realista posible, a través dos sentidos. Non llo podes contar a ninguén xa que non te crerán e lembra que só manterás este don se continúas lendo coa mesma paixón coa que o fixeches todo este tempo.


Agora que boto a vista hacia atrás, non sei moi ben se todo iso que me dixo Don Manuel era verdade ou simples conxecturas dun vello. É verdade que sigo escoitando cousas e decidín seguir os seus consellos. É por iso que busco a aquel rapaz que viviu o mesmo que eu hai uns vinte anos, para poder aclarar todas as dúbidas que teño. Do que estou seguro e de que, pase o que pase, continuarei lendo todo o que poida, xa que considero que poder facelo é o maior don que calquera poida ter.

11 may. 2016

A FESTA DOS MAIOS

Con motivo da Festa dos Maios a Biblioteca Municipal do Forum fixenos chegar esta presentación tan chula para que coñezades os recursos que teñen para vós.
Tamén teñen un enlace a unha ferramenta (wiki) para que podades engadir títulos e recomendacións que coñezades.
Ao final do video veredes dous booktubers dos máis recoñecidos.
Que tal se vos atrevedes a facer unha videoreseña tan divertida como estás?


7 may. 2016

EXITAZO DA NOSA "CITA A CEGAS"

Durante estes días e para celebrar a semana do libro, preparamos unha "CITA A CEGAS CUN LIBRO" na nosa Biblioteca.
Os nosos alumnos levaron a casa "libros sorpresa" que estaban envoltos en papel e nos que se describía algunha das características do libro: algunha cita, unha opinión, adxectivos...
Foi todo un éxito, non quedou ningún libro no estante!!
GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR CON NÓS!






FEIRA SOLIDARIA DE LIBROS NO WIRTZ

Durante esta semana os nosos alumnos de 4º da ESO celebraron unha Feira de Libros no noso Instituto. Os fondos recadados servirán de axuda para a excursión de fin de curso.
Noraboa polo voso traballo!








15 abr. 2016

Concurso " Tribu lectora"

O observatorio da lectura e do libro, pon en marcha unha iniciativa en twitter para que os lectores envíen mensaxes de agradecemento a un libro, que pola razón que sexa fora importante na súa vida lectora.
Se queredes participar só tedes que mandar a súa conta de twitter (@observalibro) un tuit no formato que queirades (texto, foto, video, ilustración...) co hashtag #tribulectora, incluíndo o título do libro e o porque lle queredes dar as grazas. Entre  todas as mensaxes seleccionaranse 3 finalistas dos que saíra o gañador do concurso

Como che gustan...?


Cita a cegas


FEIRA SOLIDARÍA DE LIBROS

BIBLIOWIRTZ " A Biblioteca das estrelas"

18 ene. 2016

Festa de Nadal

                 Como todos os anos celebramos a festa de Nadal na Biblio e imos compartir con vós algúns dos momentos máis divertidos. Participa alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO e profesores de distintas materias. Comezamos polo recitado do poema de Celso Emilio Ferreiro inverno, feito por un grupo de alumnos e alumnas de 3º e a seguir proxectamos un conto do Apalpador feito tamén por rapaces. Posteriormente houbo un sorteo de libros entre os asistentes e recibimos a visita do Apalpador e máis do Pandigueiro que viñeron cunha chea de larpeiradas para repartiren entre todos os presentes. A festa foi "super"!!!

Recitando "Inverno" de C. Emilio
Un momento do sorteo
O Apalpador e o Pandigueiro

A porta da biblioteca

              Así de chuliña quedou a porta da nosa biblio grazas ós rapaces e rapazas de 3ºESO C!