31 may. 2015

Xulio Correa e a fotografía da meteoroloxía e o clima

O xoves 29 de maio contamos coa presenza de  Xulio Correa no noso instituto. O fotógrafo e profesor da ESAP de Vigo (Escola Superior de Artes Plásticas) veu impartir o obradoiro "Como fotografar a meteoroloxía e o clima". A actividade tivo lugar na biblioteca,  que se encheu ata os topes  de "afeccionados" de secundaria, bacharelato, FP e mais profesores de diferentes materias. Xulio presentounos 16 "carpetas" tituladas Ceos, Altura, Contraluz, Flora, Chuvia, Neve, Vento, Lusco fusco... que contiñan cadansúa serie de imaxes. Apoiándose na proxección destas dotografías, o autor foi debullando durante unha hora diversas técnicas e consellos para fotografar o clima, cunha cámara reflex ou coa cámara do móbil, defendendo a idea de que facer unha boa foto non depende da calidade da cámara que usemo. Explicounos tamén a importancia de aspectos tan fundamentais como escoller ben "o donde" ou "o cando". Asimesmo destacou tamén a importancia da paisaxe, da flora ou da figura humana para fotografar o clima, xa que nelas podemos percibir o tempo atmosférico. Finalmente unha serie de "trucos caseiros" tales como a mira dunha porta, as lentes de aumento de algún familiar, unha lupa ... para mellorar a cámara do móbil, foron recibidos con entusiasmo polos participantes. Ao remate Xulio atendeu personalmente a todos os que quixeron achegarse a conversar con el e despediuse deixándonos unha fermosa dedicatoria no libro das Sinaturas dos Autores.

Moitas Grazas, Xulio, todos esperamos volver a contar contigo en vindeiras ocasións!!

 

25 may. 2015

OBRADOIRO DO DÍA DO LIBRO

 

   As alumnas e alumnos de 2º de ESO participaron nun obradoiro literario para celebrar o Día do Libro, que consistiu en "crear" os seus propios contos ilustrados. Unha vez rematados expuxémolos na biblioteca. Velaquí algúns exemplos

24 may. 2015

DIA DO LIBRO 2015

Presentamos o traballo realizado por alumnado de 3º da ESO para conmemorar o Día do Libro. Os alumnos e alumnas colgaron no tabuleiro as súas propostas de lectura.



8 may. 2015

Primavera poética

               O venres 27 de abril, invitamos ó alumnado e ó profesorado a participar nunca lectura poética durante o recreo. Cadaquén podía participar lendo poemas da súa propia autoría ou poemas favoritos. O alumnado escolleu ler poemas feitos por eles mesmos  O resultado foi bastante positivo, xa que participaron alumnos e alumnas de distintos cursos e niveis e tamén profes de diferentes materias: Matemáticas, Educación Física, Galego, Castelán, Xeografía e Hª, Francés e Ciencias. Ademáis  contamos coa intervención  da xefa de estudios e do director, que leron cadanseus poemas!!








Semana da poesía

Durante a semana da poesía fixemos un obradoiro literario con alumnado de diferentes cursos da ESO e que consistiu en "crear" poemas breves a modo de haikus, que íamos lendo nas clases. Posteriormente escribímolos sobre unhas plantillas con formas de elementos climáticos ou da natureza (nubes, soles, gotas de choiva...) e pendurámolos de fíos transparentes que caían de parugas... Velaquí o resultado.
"O clima en verso"