24 feb. 2015

Entroido climático

O noso aviador
O venres, 13 de febreiro celebramos na biblioteca a que xa vén sendo a nosa particular festa de disfraces coa intención de fomentar as nosas festas e tradicións. Este ano escollemos o tema do "clima", en colaboración co Proxecto Meteoescola. Moitos e moitas presentáronse con adornos de nubes, soles, tormentas... ata un aviador que controlaba o clima desde as alturas!!! O equipo da biblio disfrazámonos de Nubeiros e Mexonas e para animar a todos e todas fixemos unha sesión fotográfica acompañada de filloas e larpeiradas de nubes. Para finalizar moitos dos participantes deixáronos antefaces con motivos climáticos cos que fixemos unha exposición


Equipo biblio
Exposición de antefaces

19 feb. 2015

A festa de nadal

Velaquí unha mostra da festa de Nadal organizada polo equipo da Biblio coa temática "O Nadal no mundo"
e a seguir unha imaxe dos traballos gañadores!!!


Club de lectura

Cartas de Inverno
Dúas obras e dous clubs de lectura: Cartas de inverno e Corredores de sombra, ambas do escritor Agustín Fernández Paz.
O club dedicado a Cartas de inverno tivo lugar o pasado mes de nadal, con alumnado de 2º de ESO. Os participantes no club aportaron fermosas "cartas" con opinións moi positivas sobre a novela:


Con Corredores de sombra tivemos que realizar dúas sesións no mes de xaneiro, porque se apuntou bastante xente, alumnos e alumnas de 3º de ESO. Ademais de comentar a obra fixéronse reflexións moi interesantes sobre o libro e a lectura:
"Quen non le, non pensa"