27 oct. 2014

Día Internacional das Bibliotecas


 

O venres 24 de outubro alumnas e alumnos de diferentes cursos de 1º, 2º e 3º da ESO participaron nas actividades organizadas pola biblioteca do noso IES. As actividades con varios obxectivos principais, por un lado destacar a importancia fundamental das bibliotecas e dos libros para a sociedade e  por outro o coñecimento do espazo e as normas de  uso do mesmo (formación de usuarios). Aproveitamos tamén a ocasión para repartir os novos carnés deste curso que moitos dos presentes aproveitaron para estrenar.

22 oct. 2014

24 de outubro Día Internacional das Bibliotecas

 


Desde o ano 1997 comemórase este día en memoria da destrución da Biblioteca Nacional de Sarajevo durante a guerra de Bosnia-Herzegovina. Na noite do 24 ó 25 de agosto de 1992 foi dada a orde de disparar proxectís de fósforo sobre a biblioteca. No incendio perdéronse centenares de miles de libros e numerosos incunables. Actualmente está reconstruída despois de 18 anos de traballo e máis de 12 millóns de euros aportados polo emirato árabe de Qatar (oeste de Asia) e a Unión Europea. Foi reinaugurada nunha cerimonia solemne o Día de Europa, o 9 de maio deste ano.
Imaxes sacadas de Internet.