2 dic. 2014

Semana das Ciencias

 
 
 
As actividades da Semana das Ciencias son mostradas neste mural titulado "Os micros de Pi", que son una serie de microrrelatos "matemáticos" creados por  alumnado de secundaria.
 
 


27 nov. 2014

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

BASTA XA!!



-Ela non me quería e mateina.

Cousas da vida (Mulleres). Daniel Castelao

 

 
 

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA SOBRE ESTE TEMA
 
-Unha de cada sete mulleres sufriu algún tipo de violencia física ou psíquica ó longo da súa vida.

-630 millóns de mulleres e neneas viven en países onde a violencia de xénero non é delito.

-60 millóns de nenas son obrigadas a casar co menos de 18 anos.

-En España no que vai de ano máis de 50 mulleres foron asesinadas polos seus maltratadores....

27 oct. 2014

Día Internacional das Bibliotecas


 

O venres 24 de outubro alumnas e alumnos de diferentes cursos de 1º, 2º e 3º da ESO participaron nas actividades organizadas pola biblioteca do noso IES. As actividades con varios obxectivos principais, por un lado destacar a importancia fundamental das bibliotecas e dos libros para a sociedade e  por outro o coñecimento do espazo e as normas de  uso do mesmo (formación de usuarios). Aproveitamos tamén a ocasión para repartir os novos carnés deste curso que moitos dos presentes aproveitaron para estrenar.

22 oct. 2014

24 de outubro Día Internacional das Bibliotecas

 


Desde o ano 1997 comemórase este día en memoria da destrución da Biblioteca Nacional de Sarajevo durante a guerra de Bosnia-Herzegovina. Na noite do 24 ó 25 de agosto de 1992 foi dada a orde de disparar proxectís de fósforo sobre a biblioteca. No incendio perdéronse centenares de miles de libros e numerosos incunables. Actualmente está reconstruída despois de 18 anos de traballo e máis de 12 millóns de euros aportados polo emirato árabe de Qatar (oeste de Asia) e a Unión Europea. Foi reinaugurada nunha cerimonia solemne o Día de Europa, o 9 de maio deste ano.
Imaxes sacadas de Internet.

27 abr. 2014

O segredo do lagarto arnal

 Andrea Maceiras participou nunha reunión do noso club de lectura para comentar cos alumnos e alumnas de 2º de ESO o seu relato O segredo do Lagarto Arnal.



Os asistentes fixeron moitas preguntas e a xuntanza resultou moi animada e instructiva.
Andrea deixounos esta fermosa dedicatoria no caderno onde recollemos as opinións dos escritores que participan no noso club.

Tamén moitos alumnos deixaron as súas opinions, como a de Soraya:



"Os avós de David viven en Santo Antón de Piñerio, alí acontecen misterios e aventuras. Avelaíña é unha nena espelida e graciosa. David investigou os acontecementos polos que o seu curmán Marcos non volveu á aldea.
 Gustoume moito o libro, fala da natureza e dos rapaces distintos. Non paraba de ler folla tras folla, enganchoume. Ás veces pecho os ollos e véxome argallando con eles. (Soraya M.V.M.)

23 feb. 2014

Día de Rosalía

   177 anos pasaron xa desde o nacimento da nosa escritora, e desde entón a súa importancia dentro das nosas letras  non para de aumentar. O luns, 24 de febreiro, cumplirase un novo aniversario da autora e moitas e merecidas homenaxes terán lugar por toda Galicia, especialmente no ámbito académico. O obxectivo destas lembranzas de escritores é difundir as obras dos autores en particular e ademais potenciar  a literatura galega en xeral, e a propia lingua. A divulgación de autores sempre pode resultar motivador para que as persoas se acheguen ós nosos criadores. Rosalía merece todas as homenaxes por ter sido unha muller escritora nunha época en que ás mulleres estaban apartadas deste ámbito e ademais por  escribir e reivindicar unha lingua, a propia, que viña padecendo unha profunda marxinación e desprecio
desde séculos atrás. Ela venceu todas as barreiras e hoxe é a única escritora galega que ten proxección universal.

DECIMOS ROSALÍA
      Decimos Rosalía
i alcéndese un espello
na noite largacía

     Na noite ensimesmada
cai un orballo escuro
de auga lenta e calada.

    De auga lentade pranto:
os nosos ollos son fontes
de tanto chorar tanto

     De tanto vao láido,
polas serras e vales
pasa un vento ferido.

    Pasa un río entoldado,
que entoldou un tempo
de renuncia humildado.

    De renuncia está feito
o puñal que levamos
espetado no peito.

    Espetado en ringleiras
dos galegos que marchan
prás terras estranxeiras.

      Decimos rosalía
i o corazón da matria
sanra na noite fría.
                Celso Emilio Ferreiro

13 ene. 2014

25 de novembro de 2013


CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!



O 25 de novembro presentámonos na biblioteca cos nosos carteis, propostas, manifestos contra o maltrato ás mulleres e contra a violencia de xénero en xeral.