21 dic. 2013

Concurso de Nadal 2013

Panxoliña de Elba
Debuxo de Juana

A entrega de premios do concurso navideño tivo lugar o venres, 20 de decembro, na biblioteca durante a festa de Nadal no recreo. Alumnado de diferentes cursos achegouse para participar e ver a exposición  "O Nadal na Coruña".

O premio na categoria de relato foi para Lucía Barbosa Uzal de 2º de ESO co conto "A maxia do Nadal"

O premio de Debuxo foi para Juana de 1º de ESO

O premio de panxoliña foi para Elba Iglesias Cambón de 1º Bac. ciencias que presentou un orixinal traballo no que combina a expresión plástica e literaria

A maxia do Nadal por Lucía
                   Da miña árbore do Nadal comenzaron a saír unha especie de estreliñas. Eu estaba
sentada no sofá e, de súpeto, as luces da árbore comenzaron a entonar unha canción do
Nadal. Non podía crer o que estaba ver. As boliñas saltaron e saltaron polo meu salón, e
cada adorno da árbore cobrou vida. Nun intre, a miña sala converteuse nun pase
fantástico dun espisodio navideño. Cada adorno quería dicirme algo; as bolas falaban
entre susurros e os adornos bailaban ó ritmo da música. De súpeto escoitei o meu nome,
cunha voz cálida e doce que me desexaba un bó Nadal e un feliz ano novo. Sentín unha
paz infinita e moitas gañas de estar coa miña familia e darlles unha aperta moi grande.
                     Pouco a pouco o baile foi parando e a música deixou de soar. Abrín os ollos e a á 
estaba colocada como a deixáramos esa mesma tarde. Despertei da miña sesta máis
contenta que nunca,esperando que chegara a noite para cear coa miña familia e abrir os
agasallos que esperaban por mín baixo baixo a miña árbore máxica.

19 dic. 2013

Club de lectura: A coroa de Napoleón

                 A coroa de Napoleón de Jaureguizar foi o relato escollido neste trimestre para o club de lectura con alumnado de 2º de ESO. Organizamos catro sesións diferentes cuns doce participantes de media por sesión. O balance que facemos é bastante positivo e cada alumno aportou un caderno de traballo como resultado de cadansúas lecturas e ademais algúns se animaron a facer o seu propio marcapáxinas.

A seguir algunhas das opinións sobre a novela:

"O que máis me gustou foi que se desenvolvera na Coruña porque menciona lugares que coñezo e isto fai que a historia me pareza máis real" (J. Carlos R.G.)

"É un libro que recolle varias cousas: diversión, entretenimento e cultura, xa que se pode aprender que ocorreu na cidade da Coruña cando chegaron as tropas de Napoleón e que pasou alí" (Paula R.)

"O que máis me gustou do libro foron os personaxes. Sen embargo o final resulta moi previsible" (Ezequiel D.G.)

"O libro en xeral gustoume porque ten misterio e intriga, aínda que o feito de que descubra tan pronto ó autor do roubo réstalle emoción" (Ismael B.R.)

"Un rapaz que quere semellarse ó seu pai, soña ser como el, un intrépido reporteiro. Moi namoradizo, deixase guiar polos consellos do seu padrasto. A todos os nenos nos gusta pensar que dentro de nós hai un heroe"  (SorayaV.M.)

"Na miña opinión o libro é moi interesante e divertido. Gústanme as historias de aventuras como esta e a valentía de Tintimán. O personaxe que máis me gustou foi Mónica dado que sempre está preocupada por Tintimán e encargábase de coidar del a pesar dos seus desprezos. gustoume tamén moito o final, porque non mo esperaba" (Alba R.)

12 dic. 2013

CONCURSO DE NADAL 2013



O apalpador ou pandigueiro
Un ano máis,a nosa biblioteca convoca un concurso para celebrar o  Nadal.
                       Podedes participar en 3 modalidades:
  • Elaborar un RELATO CURTO relacionado con estas datas. A súa extensión non poderá ser superior a un folio (Arial 12 a dobre espazo) .
  • Presentar unha PANXOLIÑA ou  CANTIGA DE NADAL
  • Facer calquera traballo de expresión plástica-visual que teña como tema o A Coruña no Nadal (POSTAIS, CARTACES, MURAIS, MAQUETAS...). Técnica e tamaño libres
                      Todos os traballos deberán ser orixinais e inéditos e  presentaranse antes do día 16 de Decembro do 2013. Os relatos e panxoliñas deberán enviarse ao noso correo bibliotecawirtz@gmail.com. Os traballos plásticos recolleranse na Biblioteca para a súa exposición.
Haberá premios en cada unha das modalidades, que entregaremos o día 20 de Decembro no recreo, na Biblioteca.
                                              Colaboran EDL e Departamento Plástica-visual