22 ene. 2013

FEBREIRO VÍSTESE DE ENTROIDO!!


Febreiro vístese de entroido na Biblioteca do Wirtz.

Os días 5, 6, 7, e 8 do vindeiro mes de febreiro imos facer un pequeno percorrido por algúns elementos constitutivos da identidade do Entroido na nosa cidade, para iso contamos, como sempre, ca vosa participación.

O martes agradeceríamos que compartiras con nós a receita que máis vos guste dos postres destas datas. Traédea á Biblio durante o recreo e faremos con elas unha pequena exposición.

O mércores e o Día das gafas e dos bigotes. A idea é que veñades á biblioteca no recreo cunhas gafas rechamantes e/ou que vos pintedes un bigotiño xeitoso. Farémosvos unhas fotos para expoñer.

O xoves rendimos tributo ós Apropósitos coruñeses. Traede cantigas, composicións retranqueiras ou satíricas, das que fan cada ano gala as nosas comparsas. Como no caso da receita, levádea escrita á Biblio.

O venres, por fin, O disfraz, canto máis choqueiro mellor. Esperámosvos ás 11 na biblioteca.

E claro está ; ¡¡¡OS PREMIOS!!!

Cada día que veñades á biblioteca repartiremos lambetadas entre os participantes e ademais conseguiredes unha rifa para o sorteo do  venres .