21 dic. 2013

Concurso de Nadal 2013

Panxoliña de Elba
Debuxo de Juana

A entrega de premios do concurso navideño tivo lugar o venres, 20 de decembro, na biblioteca durante a festa de Nadal no recreo. Alumnado de diferentes cursos achegouse para participar e ver a exposición  "O Nadal na Coruña".

O premio na categoria de relato foi para Lucía Barbosa Uzal de 2º de ESO co conto "A maxia do Nadal"

O premio de Debuxo foi para Juana de 1º de ESO

O premio de panxoliña foi para Elba Iglesias Cambón de 1º Bac. ciencias que presentou un orixinal traballo no que combina a expresión plástica e literaria

A maxia do Nadal por Lucía
                   Da miña árbore do Nadal comenzaron a saír unha especie de estreliñas. Eu estaba
sentada no sofá e, de súpeto, as luces da árbore comenzaron a entonar unha canción do
Nadal. Non podía crer o que estaba ver. As boliñas saltaron e saltaron polo meu salón, e
cada adorno da árbore cobrou vida. Nun intre, a miña sala converteuse nun pase
fantástico dun espisodio navideño. Cada adorno quería dicirme algo; as bolas falaban
entre susurros e os adornos bailaban ó ritmo da música. De súpeto escoitei o meu nome,
cunha voz cálida e doce que me desexaba un bó Nadal e un feliz ano novo. Sentín unha
paz infinita e moitas gañas de estar coa miña familia e darlles unha aperta moi grande.
                     Pouco a pouco o baile foi parando e a música deixou de soar. Abrín os ollos e a á 
estaba colocada como a deixáramos esa mesma tarde. Despertei da miña sesta máis
contenta que nunca,esperando que chegara a noite para cear coa miña familia e abrir os
agasallos que esperaban por mín baixo baixo a miña árbore máxica.

19 dic. 2013

Club de lectura: A coroa de Napoleón

                 A coroa de Napoleón de Jaureguizar foi o relato escollido neste trimestre para o club de lectura con alumnado de 2º de ESO. Organizamos catro sesións diferentes cuns doce participantes de media por sesión. O balance que facemos é bastante positivo e cada alumno aportou un caderno de traballo como resultado de cadansúas lecturas e ademais algúns se animaron a facer o seu propio marcapáxinas.

A seguir algunhas das opinións sobre a novela:

"O que máis me gustou foi que se desenvolvera na Coruña porque menciona lugares que coñezo e isto fai que a historia me pareza máis real" (J. Carlos R.G.)

"É un libro que recolle varias cousas: diversión, entretenimento e cultura, xa que se pode aprender que ocorreu na cidade da Coruña cando chegaron as tropas de Napoleón e que pasou alí" (Paula R.)

"O que máis me gustou do libro foron os personaxes. Sen embargo o final resulta moi previsible" (Ezequiel D.G.)

"O libro en xeral gustoume porque ten misterio e intriga, aínda que o feito de que descubra tan pronto ó autor do roubo réstalle emoción" (Ismael B.R.)

"Un rapaz que quere semellarse ó seu pai, soña ser como el, un intrépido reporteiro. Moi namoradizo, deixase guiar polos consellos do seu padrasto. A todos os nenos nos gusta pensar que dentro de nós hai un heroe"  (SorayaV.M.)

"Na miña opinión o libro é moi interesante e divertido. Gústanme as historias de aventuras como esta e a valentía de Tintimán. O personaxe que máis me gustou foi Mónica dado que sempre está preocupada por Tintimán e encargábase de coidar del a pesar dos seus desprezos. gustoume tamén moito o final, porque non mo esperaba" (Alba R.)

12 dic. 2013

CONCURSO DE NADAL 2013



O apalpador ou pandigueiro
Un ano máis,a nosa biblioteca convoca un concurso para celebrar o  Nadal.
                       Podedes participar en 3 modalidades:
  • Elaborar un RELATO CURTO relacionado con estas datas. A súa extensión non poderá ser superior a un folio (Arial 12 a dobre espazo) .
  • Presentar unha PANXOLIÑA ou  CANTIGA DE NADAL
  • Facer calquera traballo de expresión plástica-visual que teña como tema o A Coruña no Nadal (POSTAIS, CARTACES, MURAIS, MAQUETAS...). Técnica e tamaño libres
                      Todos os traballos deberán ser orixinais e inéditos e  presentaranse antes do día 16 de Decembro do 2013. Os relatos e panxoliñas deberán enviarse ao noso correo bibliotecawirtz@gmail.com. Os traballos plásticos recolleranse na Biblioteca para a súa exposición.
Haberá premios en cada unha das modalidades, que entregaremos o día 20 de Decembro no recreo, na Biblioteca.
                                              Colaboran EDL e Departamento Plástica-visual

21 jun. 2013

19 abr. 2013

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

Con motivo deste día, a Biblioteca do noso centro

organiza

“Encontro emocional con lectores e lectoras de todo o planeta IES Wirtz”

Presentádevos con algún dos vosos libros favoritos escritos en galego, castelán, francés, inglés...

Para os asistentes un agasallo directo e rifas para o sorteo dun


É unha festa do libro para todos os públicos!!!

Lugar: Biblioteca

Hora: 11 da mañá, durante o recreo.
 


17 feb. 2013

SAN VALENTÍN




Fermosas postais en clave poética que para celebrar  o día dos namorados nos deixaron alumnos e alumnas na biblioteca. Colgamos aquí unhas mostras

14 feb. 2013

Festa de disfraces na biblio


           O Venres tivemos a festa grande de Entroido. Pronto se encheu a biblioteca de rapaces e rapazas vestidos con disfraces do máis variado, principalmente de choqueiros, e o ambiente resultou moi alegre e divertido; ademais non faltaron as larpeiradas como as sabrosísimas filloas que fixo a profesora Loli e coas que nos agasallou a todos. Para rematar a festa fixemos o sorteo das rifas e repartimos os premios, unhas entradas de cine con merenda incluída.
14 de febrero de 2013

8 feb. 2013

O ENTROIDO AGOCHASE NA BIBLIO!

E hoxe, cando fomos buscar un diccionario...
 
QUE DISFRUTEDES!!

6 feb. 2013

ENTROIDO 2013

                O entroido é o noso protagonista durante os tempos de lecer nesta semana de febreiro. Moitos dos nosos alumnos achéganse estes días á biblio para participar nas actividades de carnaval, Onte, martes, acudiron con sabrosísimas receitas de postres e comídas típicas destas datas. Seica moitas  avoíñas fixeron estes días de profes de cociña para que a rapazada poidese participar no concurso. Hoxe tocoulle o turno as gafas curiosas e divertidas, nalgún caso monóculos, e bigodes improvisados. Mañá dedicarémoslle un espacio especial ós apropósitos. Remataremos o venres coa festa grande de disfraces, que celebraremos na biblioteca durante o recreo. Faremos tamén o sorteo entre todas as rifas que estamos repartindo e entregaremos os agasallos aos afortunados. Tamén queremos destacar a estupenda colaboración do alumnado de 1º B que adornaron os andeis dos libros cos antefaces elaborados por eles mesmos.
Alumnas e alumnos de 1ºB
                                               FELIZ ANTROIDO A TODOS E TODAS!

22 ene. 2013

FEBREIRO VÍSTESE DE ENTROIDO!!


Febreiro vístese de entroido na Biblioteca do Wirtz.

Os días 5, 6, 7, e 8 do vindeiro mes de febreiro imos facer un pequeno percorrido por algúns elementos constitutivos da identidade do Entroido na nosa cidade, para iso contamos, como sempre, ca vosa participación.

O martes agradeceríamos que compartiras con nós a receita que máis vos guste dos postres destas datas. Traédea á Biblio durante o recreo e faremos con elas unha pequena exposición.

O mércores e o Día das gafas e dos bigotes. A idea é que veñades á biblioteca no recreo cunhas gafas rechamantes e/ou que vos pintedes un bigotiño xeitoso. Farémosvos unhas fotos para expoñer.

O xoves rendimos tributo ós Apropósitos coruñeses. Traede cantigas, composicións retranqueiras ou satíricas, das que fan cada ano gala as nosas comparsas. Como no caso da receita, levádea escrita á Biblio.

O venres, por fin, O disfraz, canto máis choqueiro mellor. Esperámosvos ás 11 na biblioteca.

E claro está ; ¡¡¡OS PREMIOS!!!

Cada día que veñades á biblioteca repartiremos lambetadas entre os participantes e ademais conseguiredes unha rifa para o sorteo do  venres .