23 dic. 2012

PREMIOS DO CONCURSO DE NADAL

Autora: Mireli F. C. (2ºESO)


No concurso organizado pola Biblioteca en colaboración co departamento de Plástica de postais de nadal, concedéronse tres premios iguais, dos cales dous  foron para  postais  e un para a cantiga de nadal relacionada co apalpador. Os premiados recibiron cada un deles dúas entradas de cine con merenda incluída e para a película que eles escollan libremente. Para todos houbo moitas lambetadas:
Autor: Izar P. R ( 1ºESO)
Autora da cantiga: Lucía B.U.( 1º ESO)
 


4 dic. 2012

Os do club



A coroa de Napoleón de Jaureguizar foi o relato que escollemos para o primeiro club de lectura con alumnado de 2º de ESO. Escollemos esta lectura entre outras cousas porque a acción se desenvolve en A Coruña e este curso o noso proxecto de biblioteca xira precisamente arredor desta cidade, na que vivimos. Por outra parte a novela resultou entretida e todos participaron activamente no faladoiro.

"Gustoume a historia que contan neste libro. Os personaxes están moi ben desenrolados e o que máis me interesou foi a parte da casa de Xosé Cornide porque era moi intrigante" (Laura)
 
"O final da historia é o máis interesante porque non sabes o que vai acontecer. Por outra parte chamáronme a atención os debuxos , que me gustaron moito e gustaríame imitalos" (Adriana)