23 dic. 2012

PREMIOS DO CONCURSO DE NADAL

Autora: Mireli F. C. (2ºESO)


No concurso organizado pola Biblioteca en colaboración co departamento de Plástica de postais de nadal, concedéronse tres premios iguais, dos cales dous  foron para  postais  e un para a cantiga de nadal relacionada co apalpador. Os premiados recibiron cada un deles dúas entradas de cine con merenda incluída e para a película que eles escollan libremente. Para todos houbo moitas lambetadas:
Autor: Izar P. R ( 1ºESO)
Autora da cantiga: Lucía B.U.( 1º ESO)
 


4 dic. 2012

Os do club



A coroa de Napoleón de Jaureguizar foi o relato que escollemos para o primeiro club de lectura con alumnado de 2º de ESO. Escollemos esta lectura entre outras cousas porque a acción se desenvolve en A Coruña e este curso o noso proxecto de biblioteca xira precisamente arredor desta cidade, na que vivimos. Por outra parte a novela resultou entretida e todos participaron activamente no faladoiro.

"Gustoume a historia que contan neste libro. Os personaxes están moi ben desenrolados e o que máis me interesou foi a parte da casa de Xosé Cornide porque era moi intrigante" (Laura)
 
"O final da historia é o máis interesante porque non sabes o que vai acontecer. Por outra parte chamáronme a atención os debuxos , que me gustaron moito e gustaríame imitalos" (Adriana)



28 nov. 2012

Entrega de carnés

Un grupo de alumnas de 2º da ESO recollen os seus carnés da biblioteca con moita alegría e ilusión de participar nas actividades que propoñemos para o nadal. Por certo que a cor azul dos carnés foi unha proposta dun grupo de alumnos e alumnas de 1º Bac.

23 nov. 2012





Durante este mes vimos realizando na nosa biblioteca actividades de "formación de usuarios". Están destinados a alumnado de 1ºda ESO principalmente porque son novos no centro e queremos presentarlles o noso lugar de biblioteca e o funcionamento. Con este fin deseñamos un xogo chamado Manda Castaña! inspirado no outono. Antes de comezar o xogo unha persoa do noso equipo explica en que consiste a CDU, como está organizado o espacio, os horarios, como funciona o dos préstamos, normas... ademais aproveitamos o evento para facerlles entrega de cadanseu carné de bibilioteca. Ao remate celebramos o encontro con lambetadas e felicitámolos a todos e todas pola súa entusiasta participación.

9 jul. 2012

Futuro Velado


Este filme foi realizado polos alumnos do noso centro: no marco dos talleres "Haciendo cine con Cimema en curs"  en el CGAI.
Disfrutadeo moito e felices vacacións a todos



GAÑADORES DA FASE NACIONAL DO CONCURSO "INCUBADORA DE SONDEOS Y EXPERMIENNTOS"

Esta entrada ten como obxectivo dar a noraboa aos alumnos do noso centro e especialmente ao seu titor, que fixeron posible que neste ano e por segunda vez  foramos gañadores do Concurso INCUBADORA DE SONDAXES E EXPERIMENTOS. Ademais o seu traballo foi elixido para representar á nosa comunidade na categoría de Bacharelato e Ciclos Formativos , na  fase nacional do concurso, e como non podía ser doutro xeito, voltarón co primeiro premio de novo.
NORABOA RAPACES!

O Título do traballo gañador : EXISTE O CINE DE AUTOR
O titor: Enrique Pujales Martínez
Alumnos participantes: Marta Barandela,  Mateo Fernández. Laura García e Sabela Rey

Ademais non podemos deixar de felicitar aos alumnos que participaron na categoría de 3º e 4º da ESO que acadaron unha MENCIÓN ESPECIAL no concurso (Susana Paz, ALejandro Juárez, Diego J Gutierrez e Alonso Enríquez) polo seu traballo AFECTA A LÚA AO CRECEMENTO DAS PLANTAS?

5 jun. 2012

E pola tarde.... XURXO MARIÑO

O día 7 de xuño é un día de grande actividade na nosa Biblio. Non só imos ter a Abraham pola mañá, senón que tamén imos contar con XURXO MARIÑO pola tarde.
Xurxo vai a participar do noso club de 1º de bach de Bibliociencia e contaremos con el as 4:30 da tarde.
´

Xurxo Mariño Alfonso (Lugo, 1969) é biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998) e ten un Máster en Neurociencia pola Universidad Internacional de Andalucía. É profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña e imparte materias en centros universitarios da Coruña, Ferrol e Santiago.



 Pertence ao grupo de Neurociencia e Control Motor da Universidade de A Coruña, onde imparte docencia e investiga sobre o sistema nervioso.
Ten publicados varios libros de ciencia amena: "Os dados do reloxeiro" e "Po de estrelas", e moitos traballos de investigación publicados en prestixiosas revistas científicas.
A súa preocupación pola divulgación científica fai que veña colaborando dende fai tempo co portal Culturagalega.org, e que leve a cabo por toda Galicia "Cafe-teatro-científicos", unha amena actividade que pretende levar a ciencia até os bares.
Esperamos moi ilusionados e expectantes a súa visita!!!




31 may. 2012

ABRAHAM CARREIRO NA BIBLIO

O vindeiro xoves 7 de xuño contaremos na nosa Biblio co ilustrador de" XOELIKI, Aventuras dun ciberpirata" Abraham Carreiro.
Ademais de vir a compartir connosco a súa experiencia como  coautor do libro,  ensinaramos algúns trucos para poder debuxar mellor no Obradoiro que impartirá aos alumnos de 1º da ESO

Se queredes ter máis información de Abraham ou do libro, deíxovos as direccións dos blogs:
http://abrahamcarreiro.blogspot.com.es/
http://www.xoeliki.com/

14 may. 2012

Letras galegas 2012

O vindeiro día 21 de maio co gallo da celebración das letras galegas no noso centro, contaremos coas seguintes actividades:
  • Exposición de materiais arredor do homenaxeado VALENTÍN PAZ ANDRADE
  • Entrega de premios dos concursos literarios e do Fotolibro
  • A partir das 12:20 no salón de actos o espectáculo de María Lado e Lucía Aldao, no que se mestura música e poesía nun recital conxunto
                                     " MOITA POESÍA E POUCA DIVERSIÓN"


6 may. 2012

PAZ ANDRADE NA REDE

Nesta entrada recollemos unha escolma dos recursos e actividades que atopamos na rede para traballar no día das letras galegas
 O CPI dos Dices en Rois realizou este chulisimo informativo sobre a vida e obra de Valentín Paz Andrade



Páxina oficial de Valentín Paz Andrade


 Videos na Rede:




Valentín Paz Andrade na web da Real Academia Galega

Actividades on line por ciclos do Seminario Galán



3 may. 2012

VALENTÍN PAZ ANDRADE

Neste ano o día das letras galegas adícase a Valentín Paz Andrade. Se queredes coñecer máis sobre o homenaxeado deixovos este LIM do CEIP Conde de Fenosa. Graciñas polo voso traballo
<

23 abr. 2012

23 de abril: día do libro

Para celebrar este día deixovos esta chulísima presentación da nosa compañeira Belén do EDLG do IES Mosteirón Édelingua.
Noraboa polo voso traballo!

12 abr. 2012

Visita á Biblioteca Municipal de Estudos locais



 
Os días 28 de marzo e 10 de abril os nosos alumnos de 2º da ESO, visitaron a Biblioteca Municipal de Estudos Locais da cidade, para participar no xogo da " A CASCARILLA".
Esta actividade, programada polo Concello dentro do programa "Descubrir os libros" tivo como obxectivo dar a coñecer aos alumnos os peculiares fondos desta biblioteca,  que a fan especial  en canto que foi creada co gallo de reunir, organizar, conservar e difundir calquera clase de información relacionada coa nosa cidade A Coruña, e con temas xerais da Galiza.
Os rapaces xogaron en equipos facendo un percorrido pola nosa cidade, no que tiveron que superar difíciles cuestións e árduas probas para facerse co premio final: 

UN SAQUIÑO DE CASCARILLA





27 mar. 2012

23 de abril: CONCURSO FOTOLIBRO



BASES:

1. Os participantes presentarán fotografías orixinais e inéditas (e non premiadas noutros concursos) coa temática do libro e da lectura.
2. As fotos deberán levar un título e o nome d@ aut@. Cada participante poderá presentar un máximo de 3 fotografías, todas co seu título
3. Poderá participar calquera membro da comunidade educativa do IES Fernando Wirtz. O prazo de presentación abrirase o día 29 de marzo e rematará o 18 de abril

4. As fotografías, co seu título, enviaranse ao seguinte enderezo bibliotecawirtz@gmail.com e tamén se entregarán nun sobre, co nome do autor o curso e o título, na Biblioteca. Mellor se o podedes facer das dúas maneiras (impresas + en formato dixital polo correo)
5. Os traballos serán expostos, segundo se vaian presentado, na Biblioteca
6. As obras serán avaliadas por votación popular. Todos os membros da comunidade escolar poderán votar as súas dúas fotos preferidas, presentando na biblioteca o seu número de carné. Haberá dúas fotos gañadoras

7. O anuncio das premiadas farase o día 23 de abril na BIBLIO WIRTZ
8. Os gañadores recibirán un agasallo sorpresa e un diploma acreditativo
9. A biblioteca resérvase o dereito de uso das fotos dos participantes
10. A participación no concurso supón a aceptación destas bases

8 mar. 2012

8 de marzo: DÍA DA MULLER

Neste día deixamosvos estas reflexións do ENDL do IES Mosteirón sobre debuxos do CARABOUXO

E tamén esta guía moi práctica

8 de marzo día internacional da muller from setestralos on Vimeo.

21 feb. 2012

24 de Febreiro: Día de Rosalía de Castro



O vindeiro 24 de febreiro conmemoramos o 175 aniversario do nacemento de Rosalía.
Dende a AELG anímase a que neste día agasallemos un libro en galego ou unha flor, e ademais convídanos a todos a unha lectura pública da obra da autora ás 18:30, no Kiosko Alfonso (A Coruña)
Dende a nosa Biblioteca apoiamos esta iniciativa e levaremos a cabo actividades no centro para promocionar a súa obra e conmemorar esta data.

6 feb. 2012

Formando usuarios da Biblioteca

Curioseando por outras bibliotecas veciñas, veño de atopar este LIPDUB, creado polos alumnos do IES Fontem ALbei da Fonsagrada. Argallaron unha maneira ben divertida de formar usuarios da Biblioteca.
Cos música de fondo de EUROPE " The Final Countdown", contannos a historia dun libro esquecido que percorre todo o centro na busca do seu lugar natural: A BIBLIOTECA. A conta atrás comeza dando un repaso por todos os números da CDU (clasificación numérica dos libros por materias), mediante asociacións de imaxes, cores, accións, que permiten identificar e recordar a que materia pertencen. Boísimo traballo!

28 ene. 2012

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore (2011)

Non deixedes de disfrutar desta curtometraxe de animación nominada aos Oscar sobre os libros e a lectura. Formidabel!

23 ene. 2012

Un pouco de música!

Como non íamos ser menos apuntámonos a versión galega da canción de moda!

Que a disfrutedes!

1 ene. 2012

O Nadal na nosa Biblio

Aquí tedes  unha pequena presentación dalgúns dos traballados presentados polos alumnos do noso centro ao concurso de Nadal 2011. Noraboa a todos e Feliz Aninovo 2012!