29 abr. 2009

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Deixovos esta entrada para que vexades algúns dos novos libros que temos na Biblioteca:

28 abr. 2009

VIÑETA SOBRE OS LIBROS

No País do domingo día 26, apareceu esta viñeta que nos fixo chegar Quique, de matemáticas, coa seguinte proposta:

Algúen sería quen de escribir o que lle suxire???

DEIXOVOS O DESAFIO!!!

23 abr. 2009

Movemento do dragón

Un video no que se aprecia o movemento do drágón de papel ao que se fai referencia nun artigo de Hipatia 10

22 abr. 2009

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

Onte inaugurouse a Biblioteca Dixital Mundial, un sitio da rede en sete idiomas, que ten como obxetivo facilitar o intercambio cultural entre distintas rexións, dende Asia ata América Latina.
Deixovos o enlace.

NESTE MES BANDA DESEÑADA

Ola a todos de novo!! Neste mes o noso club de lectura decidiu darlle unha volta á Banda Deseñada. Eliximos varios títulos que están á vosa disposición na Biblioteca. Neste mes teñen preferencia para levalos os membros do Club de Lectura, pero estarán dispoñibles para todos a partir do mes que ven. Deixovos unha pequena sinopse de cada un para que vos animedes:

PERSÉPOLIS. Marjane Satrapi

Persépolis é a conmovedora historia dunha moza iraní desde a revolución islámica ata agora. A historia comeza cando os fundamentalistas toman o poder forzando ás mulleres a levar veo e encarcelando a miles de persoas. Con todo ela é moi astuta e descobre o punk, ABBA e a Iron Maiden mentres vive o terror da persecución do novo goberno e a guerra de Irán e Irak. Como adolescente envíana a Europa onde por fin pode comparar outras culturas co fundamentalismo relixioso do que escapou.
Deixovos uns enlaces por se vos interesa saber máis do libro e da peli:

http://www.persepolislapelicula.es/
http://www.guiadelcomic.com/comics/persepolis.htm






PEDRO Y YO. Autor: Judd Winick


1993. Judd Winick, un novo autor de cómic preséntase ao casting do programa The Real World, un reality show da MTV na que un grupo de persoas comparte unha casa durante seis meses. Judd é seleccionado para participar na terceira tempada do programa: Real World San Francisco. Á súa chegada fai amizade con Pedro Zamora, un mozo de 22 anos de orixe cubana, homosexual e seropositivo desde os 17 anos.




AYA DE YOPOUGON.


Autor: Marguerite Abouet, Clément Oubrerie


A historia, ambientada na Costa de Marfil dos anos 70, ten como protagonistas a tres rapazas adolescentes e xira en torno ás cuestións proprias desa idade: as relacións sentimentais, a apertura á idade adulta, a asunción de responsabilidades e a preparación para o futuro.



V DE VENDETTA

Autores: Alan Moore (guión) y David Lloyd (dibujo
)


Ciencia-ficción e intriga
Estamos no ano 1997. finalizou a III Guerra Mundial. Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar "V" e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, ¿Quen é "V"? ¿Por que busca vinganza?

MAUS. Art Spiegelman

Maus é unha autobiografía na que Art Spiegelman relata a historia do seu pai Vladek, un sobrevivente de Auschwitz. Realiza tamén un retrato do seu pai na actualidade, no momento en que o entrevista para que lle transmita as súas lembranzas da guerra, e da súa tensa relación con el. Vai máis alá do Holocausto, internándose na psicoloxía do pai, na sombra dunha nai suicida e na pantasma dun irmán ao que nunca coñeceu. Como característica formal cómpre salientar que as personaxes amosan trazos faciais de animais, recurso que Spiegelman emprega con fins narrativos. Deste xeito representa aos xudeus como ratos e aos nazis como gatos.


CORALINE. Neil Gaiman

Coraline chega a unha casa descoñecida, un edificio moi antigo: tiña un faiado debaixo do tellado, un soto ao que se accedía desde a planta baixa e un xardín cuberto de vexetación cheo de vellas árbores de gran tamaño.

Unha vez alí, Coraline coñecerá aos seus estraños veciños, un peculiar gato e unha porta que parece que non conduce a ningún sitio. Algo demasiado intrigante para unha nena esperta como ela que lle levará a descubrir que hai máis dun mundo, non só o que vemos, e que as cousas son moito máis do que parecen a primeira ollada.

ESPERO QUE VOS GUSTEN!!!!

16 abr. 2009

XUNTANZA DO CLUB

O vindeiro luns teremos xuntanza do club de lectura cos membros do grupo A (Sangue sobre a neve) as 11:00 na Biblioteca.
O martes día 21 na mesma hora quedamos os do grupo B (A Clase)
LEMBRADE VIR!!!

1 abr. 2009

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL



A elección do día 2 de abril, como día internacional do libro infantil, pretende lembrar a figura de Hans Christian Andersen coincidindo coa efeméride do seu nacemento, e difundir a mellor literatura infantil e xuvenil que se pode poñer ao alcance dos novos lectores.