27 feb. 2009

CONVOCATORIA DO CLUB

Lembrade os membros do grupo B do Club de lectura, que temos unha xuntanza o luns día 2 de marzo na biblioteca as 11:00, para falar de "CUMBRES BORRASCOSAS"
Espero que vos estea gustando moito o libro e que traiades opinión moi interesantes para os vosos compañeiros.

VEMONOS LOGO!!!


Emily Brontë naceu o 30 de xullo de 1818 en Thorton, Inglaterra e dous anos máis tarde, en 1820, a familia trasladouse a Haworth, en Yorkshire, onde a novelista viviu toda a súa vida. En xullo de 1845, terminou de escribir Cumes Borrascosas, que se publicou en decembro de 1847, sendo moi mal acollida polo público, xa que o seu estilo, rudo e salvaxe, apartábase por completo do imperante na época, ata o punto de que durante anos o libro foi esquecido por non considerárselle, nin sequera, unha boa novela. Tanto máis sorprendente este feito, cando a súa irmá Charlotte facíase famosa con Jane Eyre converténdose nunha escritora consagrada. Morreu en 1848 á idade de trinta anos

12 feb. 2009

LIBROS DO CLUB

POR FIN CHEGARON OS LIBROS!!!!! NON FOI SEN TEMPO.

Podedes pasar a recollelos a partir de mañá venres día 13 na Biblioteca. Esperan impacientes a que alguén os lea!

Por certo lembrade os do grupo B (Cumbres Borrascosas) a nosa reunión do luns 16. Non importa que todavía non lerades moito!!!

Os do grupo A (Trece anos de Branca) xuntaremonos o día 17, martes, xa que este luns non poidemos polo temporal. TEMOS UNHA PROPOSTA PARA VOS....

SAN VALENTÍN NO WIRTZ

Quizais teñades visto este cartel na entrada do instituto!!! Haberá que ir mañá a ver que pasa...


9 feb. 2009

ÁRBORE XENEALÓXICA DE "CUMES BORRASCOSAS"

Esta entrada está especialmente adicada aos lectores do club que xa comezaron con "CUMES BORRASCOSAS".
Quizais vos resulte un pouco complicado entender as relacións familiares entre os protagonistas do libro,así que aí vai a árbore xenealóxica:

6 feb. 2009

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA


Ola a todos!!
Neste curso imos convocar por vez primeira un CONCURSO DE BANDA DESEÑADA.

Deixovos aquí as bases:

BASES DA I EDICIÓN DO CONCURSO DE CÓMICS (BANDA DESEÑADA) DA BIBLIOTECA IES FERNANDO WIRTZ

1. Poderán participar todos os alumnos do centro.

2. Haberá dúas categorías no concurso:
· CATEGORÍA A: Ensino Secundario Obrigatorio (ESO)
· CATEGORÍA B: Bacharelatos e Ciclos Formativos

3. Haberá dúas modalidades en cada categoría: Galego e Castelán.

4. O tema será libre

5. A extensión será dun mínimo de 2 páxinas por unha cara e un máximo de 6, de técnica libre e en formato DIN A-4 (folio).

6. O traballo deberase entregar na Biblioteca, nun sobre pechado e coa indicación “Concurso de Cómics” , categoría (A ou B) e Modalidade (galego ou castelán) , no que figure:
· O traballo impreso
· En folla aparte: Nome e apelidos, curso e teléfono.

7. Prazo de presentación: 6 de marzo de 2009

8. Premios:
· Categoría A
o Modalidade castelán: 1º Premio: vale 50 € en libros
o Modalidade galego: 1º Premio: vale 50 € en libros
· Categoría B:
o Modalidade castelán: 1º Premio: vale 50 € en libros
o Modalidade galego: 1º Premio: vale 50 € en libros

9. A relación de gañadores publicarase o día 30 de marzo no taboleiro da Biblioteca e no blogue do instituto http://www.bibliotecawirtz.blogspot.com/ e os premios entregaranse co gallo da celebración do Día do libro (23 de abril).

10. Os cómics presentados pasarán a ser propiedade da Biblioteca.

4 feb. 2009

XA TEMOS NOVAS LECTURAS PARA O CLUB!!!

Neste mes os membros do Club de lectura "Merlín e amigos" escollemos dúas novas lecturas .
A primeira para o grupo A : TRECE ANOS DE BLANCA de Agustín Fernández Paz
A segunda para o grupo B: CUMBRES BORRASCOSAS de Emily Bronte
Aí vai unha pequena reseña de cada un deles!!!

Cumbres borrascosas de Emily Brontë
A poderosa e hosca figura de Heathcliff domina Cumbres Borrascosas, novela apaixonada e tempestuosa cuxa sensibilidade adiantouse ao seu tempo. Os brumosos e sombríos páramos de Yorkshire son o singular escenario onde se desenvolve con forza arrebatadora esta historia de vinganza e odio, de paixóns desatadas e amores desesperados que van máis aló da morte e que fan dela unha das obras máis singulares e atractivas de todos os tempos



Trece anos de Blanca. Agustín Fernández Paz
Branca está enferma con hepatite. Desde fai nove días garda cama e obrigárona a facer repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. ¡Unha eternidade! Encima tócalle pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e a súa nai proponlle que o complete para non aburrirse.

Tamén neste mes decidimos coordinar mellor as nosas xuntanzas, que serán sempre os luns (cada 15 días). Recordade que este luns día 9 temos xuntanza con grupo A: 1º e 3º da ESO e para o luns que ven (día 16) co grupo B.

Os libros todavía non os temos na Biblioteca, pero contamos con que cheguen nesta semana. Todos os avisos ao club colgaranse no Blogue e expoñeranse tamén no tabuleiro que temos para os nosos anucios ao lado da Biblioteca.
Só me queda animarvos a que leades moito e a que vos guste máis!!!

Por certo, este blogue pretende ser a vosa casa, así que estaría ben que comentárades algunhas das vosas ideas, propostas ou opinións nel.