9 dic. 2009

10 de DECEMBRO: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos


Dende as Bibliotecas Escolares recollénse varias actividades e recursos para conmemorar este día, que vos deixo aquí colgadas


Este cartel tan chulo dende a Biblioteca IES Río Cabe, de Monforte de Lemos

Recompilación de materiais en relación cos dereitos humanos que fixo a biblioteca do CEIP Mestres Goldar (Vigo, Pontevedra).

Dereitos da infancia vistos por Mafalda:
http://www.cuervoblanco.com/Mafalda/mafalda1.html

2 nov. 2009

CONVOCATORIA DO CLUB DE LECTURA


QUERES COMPARTIR AS TÚAS LECTURAS??


O NOSO CLUB DE LECTURA BOTA A ANDAR DE NOVO!

O único que precisas é ter ganas de LER e compartir as túas experiencias lectoras cos demais.
Para participar tes que coller un formulario na Biblioteca e entregalo antes do día 9 de NOVEMBRO.
ANÍMATE XA!!

20 oct. 2009

AS RECOMENDACIÓNS DE BE

En homenaxe á mellor comentarísta deste blogue, e en previsión de que alguén non lea as súas suxerencias, está entrada vai dedicada a ela, e recolle as súas dúas últimas recomendacións.


As dúas son de Rosa Aneiros:

Sol de Inverno
, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, “Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.”

Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Gali
cia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…

23 jun. 2009

REMATA O CURSO!!


ESTA ENTRADA É PARA DESEXARVOS A TODOS UNHAS BOAS VACACIÓNS!!!
Espero que descansedes moito e que veñades con forzas renovadas para o vindeiro curso.
Tamén queremos agradecer dende aquí toda a colaboración e paciencia dos nosos membros do club de lectura, que souberon perdoar a nosa inexperiencia. Prometemos que para o ano sairá algo mellor (habémolo de intentar alomenos).


MOI BOAS VACACIÓNS!! LEDE MOITO!!! BIQUIÑOS DENDE AQUÍ!!

17 jun. 2009

ÚLTIMA REUNIÓN DO CLUB "MERLIN E AMIGOS"


Ola a todos os membros do noso clube!!!

O vindeiro día 22 de xuño, teremos unha útima xuntanza para todos os membros do club de lectura. ´
Non esquezades vir, que haberá sorpresas!!!
Traede todos os libros que teñades prestados da Biblio!!

Hora de xuntanza: 11:00
Lugar: Biblioteca

14 may. 2009

PRESENTACIÓN DE BERNARDO ATXAGA

O vindeiro martes día 19 de maio as 19:30, Bernardo Atxaga, firmará na FNAC exemplares da súa última novela " SETE CASAS EN FRANCIA"



12 may. 2009

OLLADAS SOBRE RAMÓN PIÑEIRO

Deíxovos un vídeo educativo sobre Ramón Piñeiro , elaborado por los CPIs San Vicente (A Baña) y Os Dices (Rois) , sobre a vida do homenaxeado narrado por un rapaz de primaria. Contén imaxes dos lugares onde vivíu e entrevistas entre outros a Fernández del Riego,Barreiro Rivas, a irmá de Piñeiro e Isaac Díaz Pardo.

8 may. 2009

XUNTÁMONOS DE NOVO

O vindeiro luns día 11 de maio teremos unha nova xuntanza co grupo A do Club Merlín e amigos, para repartir a lectura deste mes "A MIÑA PLANTA DE LARANXA LIMA"

O martes día 12 de maio quedamos os do grupo B para comentar os nosos preferidos de Banda Deseñada

ACORDÁDEVOS QUE A HORA É AS 11:00 E O LUGAR A BIBLIOTECA
VEMONOS!!!


6 may. 2009

LIÑA DO TEMPO VIRTUAL: RAMÓN PIÑEIRO

Este ano, o día das letras galegas dedícase a Ramón Piñeiro. Nesta semana ireivos deixando cousiñas que atope por aí e que sexan interesantes.
A primeira que quero colgar é unha liña do tempo que nos chega dende o Ceip Mestres Goldar (Julia González)


29 abr. 2009

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

Deixovos esta entrada para que vexades algúns dos novos libros que temos na Biblioteca:

28 abr. 2009

VIÑETA SOBRE OS LIBROS

No País do domingo día 26, apareceu esta viñeta que nos fixo chegar Quique, de matemáticas, coa seguinte proposta:

Algúen sería quen de escribir o que lle suxire???

DEIXOVOS O DESAFIO!!!

23 abr. 2009

Movemento do dragón

Un video no que se aprecia o movemento do drágón de papel ao que se fai referencia nun artigo de Hipatia 10

22 abr. 2009

BIBLIOTECA DIXITAL MUNDIAL

Onte inaugurouse a Biblioteca Dixital Mundial, un sitio da rede en sete idiomas, que ten como obxetivo facilitar o intercambio cultural entre distintas rexións, dende Asia ata América Latina.
Deixovos o enlace.

NESTE MES BANDA DESEÑADA

Ola a todos de novo!! Neste mes o noso club de lectura decidiu darlle unha volta á Banda Deseñada. Eliximos varios títulos que están á vosa disposición na Biblioteca. Neste mes teñen preferencia para levalos os membros do Club de Lectura, pero estarán dispoñibles para todos a partir do mes que ven. Deixovos unha pequena sinopse de cada un para que vos animedes:

PERSÉPOLIS. Marjane Satrapi

Persépolis é a conmovedora historia dunha moza iraní desde a revolución islámica ata agora. A historia comeza cando os fundamentalistas toman o poder forzando ás mulleres a levar veo e encarcelando a miles de persoas. Con todo ela é moi astuta e descobre o punk, ABBA e a Iron Maiden mentres vive o terror da persecución do novo goberno e a guerra de Irán e Irak. Como adolescente envíana a Europa onde por fin pode comparar outras culturas co fundamentalismo relixioso do que escapou.
Deixovos uns enlaces por se vos interesa saber máis do libro e da peli:

http://www.persepolislapelicula.es/
http://www.guiadelcomic.com/comics/persepolis.htm






PEDRO Y YO. Autor: Judd Winick


1993. Judd Winick, un novo autor de cómic preséntase ao casting do programa The Real World, un reality show da MTV na que un grupo de persoas comparte unha casa durante seis meses. Judd é seleccionado para participar na terceira tempada do programa: Real World San Francisco. Á súa chegada fai amizade con Pedro Zamora, un mozo de 22 anos de orixe cubana, homosexual e seropositivo desde os 17 anos.




AYA DE YOPOUGON.


Autor: Marguerite Abouet, Clément Oubrerie


A historia, ambientada na Costa de Marfil dos anos 70, ten como protagonistas a tres rapazas adolescentes e xira en torno ás cuestións proprias desa idade: as relacións sentimentais, a apertura á idade adulta, a asunción de responsabilidades e a preparación para o futuro.



V DE VENDETTA

Autores: Alan Moore (guión) y David Lloyd (dibujo
)


Ciencia-ficción e intriga
Estamos no ano 1997. finalizou a III Guerra Mundial. Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar "V" e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, ¿Quen é "V"? ¿Por que busca vinganza?

MAUS. Art Spiegelman

Maus é unha autobiografía na que Art Spiegelman relata a historia do seu pai Vladek, un sobrevivente de Auschwitz. Realiza tamén un retrato do seu pai na actualidade, no momento en que o entrevista para que lle transmita as súas lembranzas da guerra, e da súa tensa relación con el. Vai máis alá do Holocausto, internándose na psicoloxía do pai, na sombra dunha nai suicida e na pantasma dun irmán ao que nunca coñeceu. Como característica formal cómpre salientar que as personaxes amosan trazos faciais de animais, recurso que Spiegelman emprega con fins narrativos. Deste xeito representa aos xudeus como ratos e aos nazis como gatos.


CORALINE. Neil Gaiman

Coraline chega a unha casa descoñecida, un edificio moi antigo: tiña un faiado debaixo do tellado, un soto ao que se accedía desde a planta baixa e un xardín cuberto de vexetación cheo de vellas árbores de gran tamaño.

Unha vez alí, Coraline coñecerá aos seus estraños veciños, un peculiar gato e unha porta que parece que non conduce a ningún sitio. Algo demasiado intrigante para unha nena esperta como ela que lle levará a descubrir que hai máis dun mundo, non só o que vemos, e que as cousas son moito máis do que parecen a primeira ollada.

ESPERO QUE VOS GUSTEN!!!!

16 abr. 2009

XUNTANZA DO CLUB

O vindeiro luns teremos xuntanza do club de lectura cos membros do grupo A (Sangue sobre a neve) as 11:00 na Biblioteca.
O martes día 21 na mesma hora quedamos os do grupo B (A Clase)
LEMBRADE VIR!!!

1 abr. 2009

2 de ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL



A elección do día 2 de abril, como día internacional do libro infantil, pretende lembrar a figura de Hans Christian Andersen coincidindo coa efeméride do seu nacemento, e difundir a mellor literatura infantil e xuvenil que se pode poñer ao alcance dos novos lectores.

25 mar. 2009

LINGUA DE AMOR 2009

Xa está en marcha a 3ª edición de Lingua de Amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG) presentou a terceira edición do concurso Lingua de Amor, organizado con motivo da celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional da Internet.


O plazo permanecerá aberto ata o 10 de maio de 2009.


Deixovos o enlace a páxina onde encontraredes máis información (un click na imaxe), e tamén tedes folletos informativos coas bases na Biblioteca.

13 mar. 2009

FORO LECTOR

Ola a todos de novo.

Veño de visitar un foro de lectura que quizais vos resulte moi interesante!!!

Chámase LIBROS Ó CABO, e foi posto en marcha por Luz (profesora de lingua e literatura nestes instituto fai 2 anos), cos seus alumnos de Laxe.

Gústame moito o formato porque permite que todo o mundo participe, comente e colgue as súas cousas!!! Quizais para o ano que ven podemos cambiar o blog por un foro!!

Recoméndovos que o visitedes e que incluso vos animedes a comentar (non tedes máis que rexistrarvos), sempre e cando, claro, non abandonedes o noso blog pola competencia!!!!

Deixovos aquí o enlace. Non tedes máis que pinchar na súa mascota!!! (creo que se chama Pepiño)


11 mar. 2009

NESTE MES LEMOS....

Ola de novo a todos os membros do club. COmo xa estivestes na reunión do luns, esto non será nada novo para vos , pero é para ir abrindo boca!!

Deíxovos unha pequena sinopse dos títulos que eliximos:

SANGUE SOBRE A NEVE. Manuel Forcadela

Un coñecido industrial aparece asasinado na praia de Alcabre deixando unha cuantiosa débeda. Toni Barreiro, un ex-boxeador que malvive realizando cobros de morosos, é contratado para tentar a recuperación dos cartos. Como resultado das súas pesquisas só consegue pór en perigo a súa propia vida. Pero Toni non é un home que se deixe vencer facilmente. Contará coa axuda de Elvis, un vello e inseparable amigo, e de Patricia, unha muller atractiva, misteriosa. Como fondo, un Vigo portuario e invernal dando cabida aos lances da paixón e o crime.

A CLASE. François Bègaudeau

“Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.” Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha adaptación desta novela foi levada ao cine por Laurent Cantet, e a película homónima obtivo a Palma de Ouro do Festival de Cannes 2008

6 mar. 2009

CONVOCAMOS NOVA XUNTANZA

O próximo luns día 9 de MARZO, quedamos de novo as 11:00 na Biblioteca para a reunión do club de lectura. A ver se desta vez vai!!!


Os membros do Grupo A: recordade traer as fotos que vos pedimos para poder facer o noso album de TRECE ANOS DE ... MERLÍN E AMIGOS.



Os membros do grupo B traede moitas opinións sobre a vosa lectura "CUMBRES BORRASCOSAS".



Ata o próximo luns!!!

27 feb. 2009

CONVOCATORIA DO CLUB

Lembrade os membros do grupo B do Club de lectura, que temos unha xuntanza o luns día 2 de marzo na biblioteca as 11:00, para falar de "CUMBRES BORRASCOSAS"
Espero que vos estea gustando moito o libro e que traiades opinión moi interesantes para os vosos compañeiros.

VEMONOS LOGO!!!


Emily Brontë naceu o 30 de xullo de 1818 en Thorton, Inglaterra e dous anos máis tarde, en 1820, a familia trasladouse a Haworth, en Yorkshire, onde a novelista viviu toda a súa vida. En xullo de 1845, terminou de escribir Cumes Borrascosas, que se publicou en decembro de 1847, sendo moi mal acollida polo público, xa que o seu estilo, rudo e salvaxe, apartábase por completo do imperante na época, ata o punto de que durante anos o libro foi esquecido por non considerárselle, nin sequera, unha boa novela. Tanto máis sorprendente este feito, cando a súa irmá Charlotte facíase famosa con Jane Eyre converténdose nunha escritora consagrada. Morreu en 1848 á idade de trinta anos

12 feb. 2009

LIBROS DO CLUB

POR FIN CHEGARON OS LIBROS!!!!! NON FOI SEN TEMPO.

Podedes pasar a recollelos a partir de mañá venres día 13 na Biblioteca. Esperan impacientes a que alguén os lea!

Por certo lembrade os do grupo B (Cumbres Borrascosas) a nosa reunión do luns 16. Non importa que todavía non lerades moito!!!

Os do grupo A (Trece anos de Branca) xuntaremonos o día 17, martes, xa que este luns non poidemos polo temporal. TEMOS UNHA PROPOSTA PARA VOS....

SAN VALENTÍN NO WIRTZ

Quizais teñades visto este cartel na entrada do instituto!!! Haberá que ir mañá a ver que pasa...


9 feb. 2009

ÁRBORE XENEALÓXICA DE "CUMES BORRASCOSAS"

Esta entrada está especialmente adicada aos lectores do club que xa comezaron con "CUMES BORRASCOSAS".
Quizais vos resulte un pouco complicado entender as relacións familiares entre os protagonistas do libro,así que aí vai a árbore xenealóxica:

6 feb. 2009

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA


Ola a todos!!
Neste curso imos convocar por vez primeira un CONCURSO DE BANDA DESEÑADA.

Deixovos aquí as bases:

BASES DA I EDICIÓN DO CONCURSO DE CÓMICS (BANDA DESEÑADA) DA BIBLIOTECA IES FERNANDO WIRTZ

1. Poderán participar todos os alumnos do centro.

2. Haberá dúas categorías no concurso:
· CATEGORÍA A: Ensino Secundario Obrigatorio (ESO)
· CATEGORÍA B: Bacharelatos e Ciclos Formativos

3. Haberá dúas modalidades en cada categoría: Galego e Castelán.

4. O tema será libre

5. A extensión será dun mínimo de 2 páxinas por unha cara e un máximo de 6, de técnica libre e en formato DIN A-4 (folio).

6. O traballo deberase entregar na Biblioteca, nun sobre pechado e coa indicación “Concurso de Cómics” , categoría (A ou B) e Modalidade (galego ou castelán) , no que figure:
· O traballo impreso
· En folla aparte: Nome e apelidos, curso e teléfono.

7. Prazo de presentación: 6 de marzo de 2009

8. Premios:
· Categoría A
o Modalidade castelán: 1º Premio: vale 50 € en libros
o Modalidade galego: 1º Premio: vale 50 € en libros
· Categoría B:
o Modalidade castelán: 1º Premio: vale 50 € en libros
o Modalidade galego: 1º Premio: vale 50 € en libros

9. A relación de gañadores publicarase o día 30 de marzo no taboleiro da Biblioteca e no blogue do instituto http://www.bibliotecawirtz.blogspot.com/ e os premios entregaranse co gallo da celebración do Día do libro (23 de abril).

10. Os cómics presentados pasarán a ser propiedade da Biblioteca.

4 feb. 2009

XA TEMOS NOVAS LECTURAS PARA O CLUB!!!

Neste mes os membros do Club de lectura "Merlín e amigos" escollemos dúas novas lecturas .
A primeira para o grupo A : TRECE ANOS DE BLANCA de Agustín Fernández Paz
A segunda para o grupo B: CUMBRES BORRASCOSAS de Emily Bronte
Aí vai unha pequena reseña de cada un deles!!!

Cumbres borrascosas de Emily Brontë
A poderosa e hosca figura de Heathcliff domina Cumbres Borrascosas, novela apaixonada e tempestuosa cuxa sensibilidade adiantouse ao seu tempo. Os brumosos e sombríos páramos de Yorkshire son o singular escenario onde se desenvolve con forza arrebatadora esta historia de vinganza e odio, de paixóns desatadas e amores desesperados que van máis aló da morte e que fan dela unha das obras máis singulares e atractivas de todos os tempos



Trece anos de Blanca. Agustín Fernández Paz
Branca está enferma con hepatite. Desde fai nove días garda cama e obrigárona a facer repouso absoluto durante cinco ou seis semanas. ¡Unha eternidade! Encima tócalle pasar o seu aniversario así, e é un aniversario importante: trece anos. Ese día regálanlle un álbum de fotos e a súa nai proponlle que o complete para non aburrirse.

Tamén neste mes decidimos coordinar mellor as nosas xuntanzas, que serán sempre os luns (cada 15 días). Recordade que este luns día 9 temos xuntanza con grupo A: 1º e 3º da ESO e para o luns que ven (día 16) co grupo B.

Os libros todavía non os temos na Biblioteca, pero contamos con que cheguen nesta semana. Todos os avisos ao club colgaranse no Blogue e expoñeranse tamén no tabuleiro que temos para os nosos anucios ao lado da Biblioteca.
Só me queda animarvos a que leades moito e a que vos guste máis!!!

Por certo, este blogue pretende ser a vosa casa, así que estaría ben que comentárades algunhas das vosas ideas, propostas ou opinións nel.

30 ene. 2009

XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

O VINDEIRO LUNS DÍA 2 DE FEBREIRO TEREMOS UNHA XUNTANZA AS 11:00 NA BIBLIOTECA, PARA ELEXIR A NOVA LECTURA DO MES.
ESPERÁMOSVOS A TODOS

29 ene. 2009

WEBQUEST: XANEIRO MES DA PAZ



Desde a Biblioteca Escolar do CEIP Mestre Martínez Alonso (Mos, Pontevedra) achégannos unha proposta excelente para avanzar na educación documental do alumnado. Esta webquest: xaneiro, mes da paz, está pensada, segundo o equipo da biblioteca, para 2º/3º ciclo de primaria, pero nalgúns centros tamén a van empregar para 1º ciclo de ESO. Agradecemos a xenerosidade do profesorado que comparte este recurso co resto das bibliotecas escolares, nunha dinámica de traballo absolutamente contextualizada no tempo e na realidade máis brutal.

PAZ E POESÍA

Estes días en que moitas bibliotecas escolares galegas traballan intensamente na preparación de actividades relacionadas coa poesía para contribuír á necesaria reflexión arredor do Día da Paz, o noso recanto fai tamén a súa contribución con este fermoso texto de Antonio García Teijeiro:


Choven balas
Seres berran
Arden vilaS
Queiman leiras
Caen nenos
Chora a terra
Xeme o pobo
Pingas negras
Cicatrices
Dor vermella
Destrución
Chuvia cega
Berros tristes
Dor marela
Choven balas
e miseria
Noite fría
Tristes guerras
ace o medo
Chora a terra.
Antonio García Teijeiro, Chove nos versos

22 ene. 2009

CONCURSO DE CALIGRAMAS

Chegounos un correo coas bases do certame de caligramas que convoca o IES Castro da Uz (As Pontes). Pego aquí o texto para a vosa información co desexo de que vos animedes a participar. Veña, ánimo.









1.- Consideramos “caligrama” un texto, xeralmente poético, no que se emprega a disposición das letras ou palabras, a tipografía ou a caligrafía para tentar representar o contido do poema.

2.- Poderá participar calquera estudante, de primaria, secundaria, ensinanza post-obrigatoria ou ciclos formativos.

3.- Cada concursante participará con un caligrama, orixinal e inédito. As obras non irán asinadas e o tema será: “isto lino nos libros”. Baseándose en citas de libros, deixarán voar a imaxinación para elaborar o seu caligrama.
4.- Os caligramas non superarán as dimensións dun folio DIN A4 e poderán presentarse manuscritos ou a ordenador.

5.- O prazo de admisión de orixinais remata o 3 de abril de 2009. As obras presentaranse no IES Castro da uz –en horario lectivo- ou enviaranse ao enderezo: IES Castro da uz, Rúa José María Penabad s/n. (cp 15320), As Pontes, indicando no sobre “Para o 3º Concurso de Caligramas”.

6.- O caligrama non irá asinado; identificarase cun pseudónimo. Meterase nun sobre xunto a un folio que conteña a seguinte información: pseudónimo e nome e apelidos do autor ou autora do caligrama, enderezo persoal ou do centro de ensino, teléfono de contacto, correo electrónico e D.N.I. -se tivese-, así como o colexio no que estuda e o curso.

7.- O concurso está dotado cos seguintes premios:
Primeiro Premio: reprodutor DVD portátil
Segundo Premio: un iPod

Así mesmo elaborarase un libro con todos os caligramas presentados e entregarase un exemplar aos centros nos que estean matriculados os gañadores.
As obras pasarán a ser propiedade da biblioteca do IES Castro da uz e cos caligramas presentados realizarase unha escolma para seren colocados na biblioteca do Centro.

9.- O Xurado estará constituído por membros do claustro de profesores do IES Castro da uz e a súa decisión será inapelable. O fallo realizarase na penúltima semana de abril de 2009. O resultado será notificado aos gañadores e aos centros nos que se encontran matriculados vía e-mail, telefónica.

10.- O feito de participar no certame supón a aceptación das presentes bases.Pública Municipal

¡¡¡SORTE A TODOS E A TODAS!!!

Grupo de Biblioteca do IES CASTRO DA UZ a 12 de xaneiro de 2009.

21 ene. 2009

30 DE XANEIRO 2009: DÍA ESCOLAR POLA PAZ


O vindeiro 30 de xaneiro de 2009 celébrase o día escolar pola paz, proclamado polas Nacións Unidas, no día do aniversario da morte de Gandhi. Con motivo desta celebración o Seminario Galego de Educación para a paz www.sgep.org, elabora materiais que nos poden ser utiles para conmemorar este día!
Aí vai como mostra este cartel tan chulo!!

15 ene. 2009

XUNTANZA DO CLUB "MERLÍN E AMIGOS"



O vindeiro luns día 19 de xaneiro, as 11:00 da mañá , na Biblioteca, celebrarase unha xuntanza cos membros do grupo A do club, para poñer en común as nosas opinións sobre a lectura escollida neste mes "CARTAS DE INVERNO" de Agustín Fernández Paz.
Esperámosvos a todos. NON FALTEDES!!!!

14 ene. 2009

LIBROS DO MES DE XANEIRO

CARTAS DE INVERNO
Agustín Fernández Paz

Tareixa Louzao recibe un voluminoso sobre remitido polo seu irmán Xabier desde un, para ela, descoñecido lugar: Doroña (Vilamaior). No interior inclúense unha carta e outro sobre máis pequeno coa lapela de cerre reforzada por unha fita adhesiva. Na carta, Xabier indícalle á súa irmá que non abra o sobre fechado e que, se antes dunha semana non volve recibir outra misiva súa, llo entregue ó Inspector Soutullo da Comisaría de Vigo.
Pero Tareixa non pode resistir a tentación e abre o sobre. No seu interior aparecen unhas cartas que lle foran remitidas a Xabier polo seu amigo o pintor Adrián Louzao, e que el tardará tempo en recibir por mor dunha longa estadía en Quebec.
No epistolario Adrián fala dos estraños sucesos que está a vivir relacionados coa súa nova casa, e pídelle axuda ó seu amigo


CALZADOS LOLA
Suso de Toro


Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta.
En Calzados Lola relátanse varias investigacións: a do desfalco dunha empresa, a dun pasado familiar, a de como construímos a nosa identidade. Varias historias contadas e suxeridas. Vidas veladas, o desvelamento da vida. O pasado e o presente, os pais e os fillos e os avós, os vivos e os mortos. Unha viaxe á orixe, unha escapada. O odio e o amor, a morte e a resurrección. Dúas novelas, unha de suspense e acción que nos arrastra na súa viveza,. e outra densa e fonda que conta a crise, esfarelamento e reconstrucción da identidade persoal. Un libro que conta, coa sensibilidade de hoxe, historias tan vellas como a xente. Unha novela atlántica.