16 dic. 2008

CREACIÓN DO CLUB DE LECTURA: MERLÍN E AMIGOS POLO WIRTZ

Como xa saberedes, neste curso imos poñer en marcha o noso primeiro club de lectura.

O nome do noso club será MERLÍN E AMIGOS polo Wirtz. Eliximos este nome parafraseando ó título do noso grande fabulador Cunqueiro "Merlín e familia" . Da man de Merlín, o fascinante mago artúrico, queremos viaxar polo mundo real e máxico da literatura.

Para ter unha imaxe que nos identifique, fixemos un concurso de logos e a nosa gañadora foi: Estefanía Rama Romero, que fixo para nos este bonito debuxo:


Noraboa Estefanía!!!!

Moitos outros alumnos participaron na nosa convocatoria. Se queredes ver os seus traballos non tedes máis que ir ao pasillo de entrada do instituto onde están expostos.

Gracias a todos pola vosa colaboración