PREMIOS LITERARIOS MINERVA 2008

Un ano máis o Colexio M. Peleteiro, convoca os premios literarios MINERVA
PARTICIPANTES:
Nesta convocatoria poderán participar alumnos de 3º e 4º de E.S.O. e Bacharelato que cursen estudios en Galicia, e non teñan cumpridos os 20 anos o 31 de decembro de 2008.
REQUISITOS:
Os traballos deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega
As modalidades nas que se pode participar son:
  • POESÍA: un conxunto de tres poemas, de tema e forma libres
  • NARRATIVA: con extensión máxima de seis folios mecanografiados a dobre espazo e de tema libre
PREMIOS:
Concederánse tres premios en cada modalidade, de 750, 450 e 300 € respectivamente, medalla de prata conmemorativa do Certame e publicaicón das obras galardoadas nun libro editado polo Colexio "M. Peleteiro", e distribuído pola editorial Galaxia
PRAZO DE PRESENTACIÓN: Remata o día 31 de marzo do 2008
MÁIS INFORMACIÓN : Na biblioteca do centro

Comentarios

Publicacións populares